Concello de Sanxenxo - O PESCA I E A EMBARCACIÓN GARCÍA NODAL VISITAN SANXENXO DENTRO DUN PROXECTO ESCOLAR DO COLEXIO DA FLORIDA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Máis de 200 escolares puideron ver o simulacro de salvamento realizado na praia de Silgar e logo coñecer o helicóptero na Praza do Mar

Sanxenxo, 28 de maio de 2024.- Máis de 200 escolares do colexio da Florida asistiron esta mañá a un simulacro de salvamento acuático na praia de Silgar no que interviñeron o Pesca I e o buque auxiliar Irmáns García Nodal
Un exercicio que apenas durou uns cinco minutos que seguiron desde a Praza do Mar onde despois aterrou o Pesca I para que puidesen velo de preto. A actividade enmárcase dentro dun proxecto escolar sobre as profesións polo que o centro educativo cursou a correspondente solicitude para poder realizar o exercicio no municipio.

O xefe do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, Fernando Berride e o comandante do helicóptero, Carlos Gómes, acompañados do resto do equipo, encargáronse de explicarlles en que consiste o traballo de rescate e salvamento. Durante a actividade,acompañáronlles, ademais dos profesores e o director, Pedro Padín, a concelleira de Educación, Nati Parada. Tamén acudiu a saudarlles o alcalde, Telmo Martín, e o edil de Seguridade Cidadá, Xoán Pérez, e o edil de Turismo, Juan Deza.

0
0
0
s2sdefault