Concello de Sanxenxo - O VI RALLYE DE PONTEVEDRA OBRIGA A REALIZAR RESTRICIÓNS DE TRÁFICO ESTA FIN DE SEMANA EN PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A explanada de Baltar e un tramo de Rafael Picou pecharase ao tráfico desde mañá xoves, ás 16:30 horas, até a madrugada do domingo

Sanxenxo, 29 de maio de 2024.- A celebración do VI Rallye de Pontevedra obriga a realizar restricións de tráfico esta fin de semana en Portonovo. Será mañá, a partir das 16:30 horas, cando se peche ao tráfico a explanda de Baltar, na contorna da piscina e o campo de fútbol, zona reservada para as verificacións das escuadras participantes. Tamén se pechará ao tráfico rodado un tramo de Rafael Picó, desde a rotonda da PO-308 ata a confluencia con Rúa Espiñeiro. O espazo quedará libre de vehículos nos estacionamentos e o acceso á zona estará restrinxido. Ambas as restricións manteranse ata o domingo de madrugada.

A entrada e saída ao Centro de Portonovo, realizarase principalmente pola Rúa Areal e A Perla. Os vehículos de tonelaxe ou autobuses que queiran acceder ao centro de Portonovo, farano desde Rúa Areal cara á Avenida Rafael Picó por Rúa Espiñeiro e sempre coa colaboración da Policía Local, previo aviso.
Non se verá afectado ningún servizo público, privado e ningunha entrada ou saída de garaxes. A PO-308 e PO-504 quedan habilitadas ao tráfico como se fai habitualmente.

A Policía Local deseñou un plan de tráfico para habilitar as entradas e saídas tanto de coches como de camións a Portonovo e á zona portuaria de forma segura ata a madrugada do domingo, cando queda de novo aberto ao tráfico rodado. A esplanada de Baltar tamén se volverá a abrir.

0
0
0
s2sdefault