Concello de Sanxenxo - BALTAR CONVERTERASE O 6, 7 E 8 DE SETEMBRO NO EPICENTRO DA XXXVI CONCENTRACIÓN MOTOTURÍSTICA INTERNACIONAL RÍAS BAIXAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e o presidente do colectivo, Sergio Prol, presentaron esta mañá o cartel da cita


Sanxenxo, 4 de xuño de 2024.- Sanxenxo recupera un importante evento para o calendario deportivo, a Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas que este ano cumprirá o seu trixésimo sexta edición. O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, acompañaron esta mañá á organización na presentación do cartel da cita que se celebrará o 6, 7 e 8 de setembro en Baltar.
O presidente do colectivo, Sergio Prol, destacou a "calidade da cita que é unha das máis antigas e con máis historia de Galicia e España". Na mesma liña, incidiu en que se trata de recuperar "a festa da moto en Portonovo e darlle continuidade". A organización conta agora con caras novas  tal e como indicou o presidente "veñen achegar novas ideas e novos aires".
O cartel desta edición é unha foto de Damián Castro na que se pode ver en primeiro plano un motorista en Silgar mirando cara a Portonovo nunha imaxe nocturna do municipio. Respecto da participación prevese superar os 15.000 participantes de edicións anteriores.
O alcalde, Telmo Martín, destacou "as gañas que percibo no Motoclub en recuperar o evento e os novos integrantes que veñen con moitas ideas novas". Na mesma liña, asegurou que o Concello vai realizar un esforzo importante para apoiar esta cita. "Estou convencido que de vai ser un éxito este ano e que se van a bater todas as previsións de edicións anteriores", dixo.

0
0
0
s2sdefault