Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INICIA OS TRABALLOS PARA RECUPERAR A CANLE DO RÍO NA PRAIA DE AREAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 6 de xuño de 2024.- O Concello iniciou esta semana os traballos para recuperar a canle do río na praia de Areas, reconstruír o dique, rota polos temporais, e devolver o areal ao seu perfil orixinal respectando o espazo dunar. Uns traballos que acometerá a administración local e que ascenden a case 43.000 euros. O alcalde, Telmo Martín, visitou esta mañá as obras que está previsto que acaben a próxima semana.

A execución dos traballos organízase en 4 fases:

  • Escavación dunha nova canle para devolver a desembocadura a estado natural. Estímase que o volume do movemento de terras é de 2292.88 m3.
  • Recheo de area da actual canle con material procedente da escavación.
  • Recolocación de aproximadamente 10 metros de dique.
  • Limpeza de canle. Nos traballos terá coidado en respectar a vexetación existente, fundamentalmente o Carrizo (Phragmites australis), xa que serve como elemento de retención da area. A zona de limpeza de canle abarcará uns 60 metros lineais de río.

Doutra banda, xa se concluíron os traballos do muro derrubado polas intensas choivas na praia de Canelas e acondicionado o acceso á fonte que existe no extremo esquerdo do areal. O Concello prevé, ademais, acondicionar esa entrada á praia polo que solicitou unha subvención para a recuperación do sistema dunar, a eliminación da circulación rodada e a mellora do acceso peonil. O proxecto que rolda os 40.000 euros foi presentado á liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

0
0
0
s2sdefault