Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVARÁ A ILUMINACIÓN E A CUBERTA DO CAMPO DE FÚTBOL DE NOALLA CUN INVESTIMENTO DE 107.912 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mellora reducirá o consumo enerxético un 30% e impedirá a entrada de auga nas bancadas

Sanxenxo, 7 de xuño de 2024.- O Concello de Sanxenxo procederá ao acondicionamento de instalacións do campo de fútbol de Noalla coa ampliación e remodelación da zona de bancadas, así como a substitución da iluminación para a mellora da eficiencia enerxética. O investimento dos traballos ascende a 107.912 euros e será sufragada co Plan extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.

A instalación eléctrica actual do campo de fútbol, conta con seis torres de 17 m de altura en bo estado, con escaleira e aros varandas, meseta, soportes e plataforma. O terreo de xogo de fútbol 11 conta con catro torres e o terreo de xogo de fútbol 7 conta con dúas. As torres número 1, 2, 3 e 4 contan con seis proxectores cada unha de 1000 W e as torres 5 e 6 contan con cinco proxectores cada unha de 1000 W. Todos eles son proxectores de haloxenuros metálicos con evidentes signos de deterioración e cun rendemento deficiente o que provoca que o índice lumínico do terreo de xogo non cumpra coa normativa vixente en materia de niveis mínimos de iluminación en instalacións deportivas.

Por tanto, substituiranse os proxectores existentes por outros con tecnoloxía led de menor potencia, de maior calidade e eficiencia, tanto as canalizacións, como as liñas e proteccións do cadro mantéñense porque están en bo estado. A redución de potencia dos novos proxectores proporciona un aforro aproximado medio do 30%.

En canto á bancada, debido á necesidade de incrementar a protección ante a choiva, proxéctase realizar unha ampliación de 155 m² na cobertura de chapa existente. A totalidade da estrutura metálica existente e a ampliación prevista, mesmo piares e placas de ancoraxe protexerase mediante unha man de imprimación antioxidante e outra de acabado con pintura especial para este tipo de estruturas, previa preparación das superficies a pintar. Como actuación complementaria, procederase ao desmonte da cobertura de chapa inferior, que presenta unha considerable oxidación. Como última actuación, co fin de incrementar a protección ante a choiva, lla instalará no cerramento lateral, un sistema modular de policarbonato celular. Coa implementación do devandito sistema, garantirase que a choiva non penetre cara ao interior da bancada.

0
0
0
s2sdefault