Concello de Sanxenxo - A TAXA DE PARO DE SANXENXO BAIXA POR PRIMEIRA VEZ DO 7% NUN MES DE MAIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os 527 parados cos que se pechou maio son 56 menos que o mesmo mes do ano 2023

Sanxenxo, 7 de xuño de 2024.- Os datos de paro do mes de maio confirman a tendencia do que levamos de ano e volven mellorar as cifras de 2023 que fora ata agora o mellor ano de emprego. Os 527 parados son a cifra máis baixa dun mes de maio e deixa a taxa de paro no 6,66% unha porcentaxe máis propia dos meses de xullo e agosto e que en palabras do alcalde, Telmo Martín, "demostra o carácter emprendedor de Sanxenxo".

A partir destes datos a pregunta que cabe facerse é se a tendencia manterase e, por tanto, seguiremos reducindo significadamente o paro nos próximos meses mesmo por baixo dos 466 parados de xullo de 2023. Ou, pola contra, a redución xa será moi pequena porque o crecemento da actividade turística nos meses previos ao verán provocou un adianto das contratacións.

Por último, para valorar a cifra de paro de maio hai que comparala con 2019 o mellor ano de ocupación turística. Os 527 parados actuais melloran mesmo a cifra máis baixa de paro dese ano que corresponde ao mes de xullo, cando Sanxenxo tiña 591 parados.

0
0
0
s2sdefault