Concello de Sanxenxo - RÚA MADRID ESTREA NOVOS FAROIS TIPO BALIZA E O ENTROQUE DE VIDAL ROCHA E PASEO DE SILGAR, ZONA AXARDINADA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os operarios pechaban esta mañá os últimos detalles da obra á que se porá fin esta tarde

Sanxenxo, 14 de xuño de 2023.- Hoxe concluirá a obra de plataforma única no centro de Sanxenxo tras trece días de actividade. Os operarios da adxudicataria, Construcións Castro Figueiro, daban esta mañá os últimos retoques aos traballos nos que, ademais da colocación de 144.000 lastros, renováronse as luminarias do tramo da Rúa Madrid e habilítase unha zona axardinada no entroncamento entre Vidal Rocha e o Paseo de Silgar. É, precisamente, este xardineira un dos últimos traballos que se executarán durante esta tarde e que xa lucirá a última hora do día.

A actuación abarca desde o cruzamento da rúa Ourense ata a intersección con Cesteiros, tramo no que se igualan as alturas da beirarrúa e estrada cunha plataforma feita a base de 144.000 lastros. Isto permitirá unha interacción segura e accesible entre vehículos e viandantes nunha superficie total de 4.783 metros cadrados. A actuación inclúe unha mellora de saneamento. Entre a área de acceso rodado e as beirarrúas colocouse unha rigola acanalada para favorecer a recollida de augas pluviais.

Outro dos alicerces do proxecto foi a mellora das instalacións lumínicas. Así, ademais da renovación llos farois, cambiáronse as luminarias por outras con maior eficiencia enerxética, reducindo así a contaminación lumínica existente. En liña con esta mellora da eficiencia enerxética, desde a rotonda do porto de Sanxenxo ata a rotonda de Silgar reconvertéronse os equipos actuais de vapor de sodio por outros con tecnoloxía LED de todo a iluminación, mantendo a carcasa do farol actual e actuando unicamente sobre o equipo.

0
0
0
s2sdefault