Concello de Sanxenxo - O CONCELLO AVANZA NA REPARACIÓN URXENTE DO MURO DA PRAIA DE LAVAPANOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O servizo de socorrismo adiántase a este sábado en todos os areais con bandeira azul

Sanxenxo, 27 de xuño de 2024.- O Concello de Sanxenxo apura a posta a piques das obras nos areais. Unha das actuacións céntrase agora na reparación urxente do muro da praia de Lavapanos que está previsto que termine nos próximos días. A obra conta cun orzamento que rolda os 40.000 euros que serán sufragados con fondos municipais.

Na praia de Lavapanos desemboca unha pequena canle natural baixo un tramo do paseo que sufriu o colapso provocando a rotura do muro a acción combinada de, por unha banda, o empuxe da auga de infiltración sobre a parte alta do muro e a socavación do cimento polas augas superficiais saíntes pola entubación. As choivas deste inverno aceleraron a súa degradación polo que o Concello decidiu adoptar medidas por unha cuestión de seguridade.

Os traballos céntranse nestes momentos na retirada do muro actual e do recheo para a construción dun de formigón armado. Tamén se retirará a escaleira adxacente. O recheo do muro realizarase con material granular e colocarase un xeotextil, así como unha tubaxe transversal que recolla a auga e evacúea por unha serie de saíntes de maneira que se rebaixe o nivel da auga no caso de acumulacións.

Adiantamento do servizo
O Concello de Sanxenxo adiantará o servizo de socorrismo na totalidade das praias con bandeira azul a este sábado, 29 de xuño, dous días antes dos previsto e debido á previsión da chegada de numerosos bañistas aos areais. Así, un total de 83 socorristas comezarán coas tarefas de vixilancia de 12 a 20 horas en 17 praias. Cabe lembrar que os baños xa se atopan operativos desde o día 15 de xuño do mesmo xeito que a limpeza cada hora e media. Agora tamén se porán en marcha os lavapés.

0
0
0
s2sdefault