Concello de Sanxenxo - SANXENXO REXISTRA 88.462 PERNOITAS HOSTALEIRAS EN XUÑO, A MELLOR SEGUNDA CIFRA DA SERIE HISTÓRICA DO INE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


O dato demostra o crecemento de visitantes fora dos meses de xullo e agosto, a pesar de que o bo tempo non acompañou

Sanxenxo, 26 de xullo de 2024.- Sanxenxo rexistrou o pasado mes de xullo 88.462 pernoitas hostaleiras, a segunda mellor cifra da serie histórica do INE. Segundo os datos publicados recentemente polo Instituto Nacional de Estatística, hai que remontarse a xuño de 2019 para atopar un dato lixeiramente superior, 90.587 aloxamentos. A cifra sitúa a Sanxenxo por diante de Vigo, 87.688; O Grove, 33.560; e A Coruña, 86.917, e mantena como un dos municipios líderes en pernoctaciones de Galicia e o norte de España, só superado por San Sebastián (190.975), Bilbao (189.926) e Santiago (162.428).

O dato demostra o crecemento turístico fóra dos meses de xullo e agosto, plena tempada estival, que xa vén detectando nos últimos anos e que, a pesar de que o bo tempo non acompañou durante o sexto mes do ano, os visitantes foron fieis ao seu destino en busca de algo diferente do sol e praia.

Estas pernoctaciones hostaleiras son só unha parte do total das prazas de aloxamentos turísticos (9.415), xa que o municipio conta con 54.833 en segundas residencias, 13.365 en vivendas de uso turístico, 4.773 en cámpings e 2.767 en apartamentos turísticos.

Datos parking Nauta
Outro indicativo da afluencia turística son as cifras de facturación do parking de Nauta, a pesar de que coincidiron cos trece días que duraron as obras do empedrado no Paseo de Silgar e Rúa Madrid. En total recadáronse 53.764 euros e rexistrouse unha rotación de 10.183 vehículos, os mellores datos do mes de xuño desde a súa apertura.

As instalacións do aparcadoiro Nauta Sanxenxo, situado na entrada do porto deportivo, dispoñen de 584 prazas. Estas distribúense en tres espazos diferenciados: 206 prazas na planta pública interior; 178 no aparcadoiro privado que existe no mesmo recinto; e outras 200 no aparcadoiro en superficie na Praza do Mar.

0
0
0
s2sdefault