Concello de Sanxenxo - UNHA ESMAGADURA NUN TRAMO DO EMISARIO SUBMARINO DE MONTALVO OBRIGA A PECHAR O TRAMO IZQUIERDO DO ARENAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


A avaría quedou reparada esta mesma mañá, pero mantense por precaución a restrición nun dos extremos da praia

Sanxenxo, 29 de xullo de 2024.- A esmagadura dun tramo do emisario submarino de Montalvo, por causas que, polo momento, descoñécense obrigou a pechar esta mañá o extremo esquerdo da praia. A obstrución do tubo provocou unha fuga de auga depurada en terra, na parte alta do areal, ao non poder ser aliviada polo emisario.

Unha vez coñecido o problema, o alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Praias, Juan Deza, así como outros membros do goberno desprazáronse ao lugar xunto a técnicos da concesionaria do servizo e da empresa que está a realizar a colocación do novo emisario submarino.

Como medida de prevención, o Concello ordenou a operarios municipais acordoar aproximadamente 150 metros do extremo esquerdo do areal, pechar ao baño a zona mentres non se coñezan os resultados da analíticas da auga, encargadas esta mañá, e baixar a Bandeira Azul.

A avaría quedou xa resolta a última hora da mañá despois de que un equipo de mergulladores detectase e reparase o esmagamento a 500 metros da beira da praia. Agora os operarios limpan e acondicionan a zona da fuga en terra. Nos próximos días. realizarase un seguimento da calidade da auga en tres puntos diferentes do areal.,

0
0
0
s2sdefault