Concello de Sanxenxo - A MESA LOCAL DE COMERCIO ABORDA A MEMORIA DE ACTIVIDADES DAS PRAZAS DE ABASTOS E A DATA DO NOVO SALÓN DE OPORTUNIDADES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 6 de agosto de 2024.- O salón de Plenos do Concello de Sanxenxo acolleu este mediodía unha sesión extraordinaria da Mesa Local de Comercio, presidida pola concelleira de Economía, Paula Martínez, na que se abordaron as memorias de actividades realizadas polas asociacións dos mercados de abastos de Sanxenxo e de Portonovo coas que optarán á Subvención para o Impulso dunha Rede de Mercados Excelentes de Galicia e a Dinamización e Revitalización das prazas de abastos.

No caso da praza de Sanxenxo, detállase que ao longo deste ano se realizou un investimento na renovación do equipo de son, coitelos, luvas e uniformes, así como en campañas dinamizadoras para incentivar o consumo con flores e calendarios ás que se deu difusión en redes sociais. Neste caso, o apartado subvencionable ascende a case 10.000 euros.

Os placeiros detallan na súa memoria que os investimentos realizados teñen que ver coa compra dun armario estanco para o equipo de son, un afiador de coitelos e uniformes, así como a campañas de fidelización, visibilización e dinamización comercial en determinados momentos do ano. Neste caso o apartado subvencionable rolda os 10.000 euros.

Doutra banda, durante a sesión desta mañá tamén se aprobou a data para a celebración dunha nova Feira de Oportunidades os días 13, 14 e 15 de setembro na Praza dos Barcos.

0
0
0
s2sdefault