Concello de Sanxenxo - OS EDIFICIOS LINDEIROS Á PRAZA DO PAZO REALIZARÁN UNHA REFORMA INTEGRAL DAS SÚAS FACHADAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda, mantiveron esta mañá unha reunión cos propietarios

Sanxenxo, 5 de agosto de 2024.- O Concello convocou esta mañá aos propietarios das vivendas lindeiras á Praza do Pazo no Auditorio para abordar a necesidade de melloras nas fachadas dos cinco edificios nun espazo emblemático na vila de Sanxenxo.

No marco da reunión, os propietarios comunicaron ao alcalde, Telmo Martín, e á concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda, María Deza, que xa teñen encargado un proxecto para a reforma integral, unha acción coa que están de acordo, tras unha asemblea en marzo, as cinco comunidades de propietarios. Ademais, sinalaron que a intención é que a finais de ano comecen xa as obras.

O alcalde celebrou a noticia e, tanto el como a concelleira, mostráronse dispostos a colaborar na medida do posible para que se liquiden as deficiencias existentes nos edificios e solucionar os problemas de accesibilidade que presentan.

0
0
0
s2sdefault