Concello de Sanxenxo - O ALCALDE RECIBE AO PARATRIATLETA DANI MOLINA QUE SE PREPARA EN SANXENXO PARA Os XOGOS PARALÍMPICOS DE PARÍS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 8 de agosto de 2024.- O alcalde, Telmo Martín, recibiu onte no Concello, acompañado do concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, ao paratriatleta, Dani Molina, que se prepara en Sanxenxo para os Xogos Paralímpicos de París 2024. "É un orgullo para nós contar cun deportista de elite como ti entre os nosos visitantes", asegurou Martín. O Concello puxo á súa disposición para os seus adestramentos a piscina municipal. Chegou ao municipio a principios de mes e partirá para a capital francesa o próximo 23 de agosto cun claro obxectivo: Gañar a Medalla de Ouro.

Molina logrou ser cinco veces Campión do Mundo de Tríatlon, seis veces Campión de Europa de Tríatlon e clasificouse para os Xogos Paralímpicos de París 2024. "Teño que competir con xente de 25 anos e eu xa case teño 50, pero nas últimas 36 competicións, gañei 34, polo que teño moitas expectativas nestes Xogos", explica.

Agora adestra duro, na piscina de Sanxenxo e percorre as distintas parroquias en bicicleta e correndo. "Descubro lugares preciosos que, doutra maneira, seguro, non coñecería", asegura. Desde hai doce anos, el e a súa familia elixen Sanxenxo para pasar as súas vacacións e este ano toca alternar descanso e adestro. "Tento concentrar o adestramento polas mañás e, polas tardes, vou á praia coa familia", explica. A gastronomía, a paisaxe e a temperatura son tres dos grandes motivos para que este madrileño afincado en Guadalaxara sexa fiel a este destino vacacional.

Tanto o alcalde como o concelleiro desexáronlle moita sorte neste novo reto deportivo. "Esperamos que volvas a Sanxenxo coa medalla de ouro para completar o teu palmarés", díxolle Martín.

0
0
0
s2sdefault