Concello de Sanxenxo - O TROFEO MANOLO MARTÍN CELEBRA ESTE SÁBADO A SÚA 42 EDICIÓN EN PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O diñeiro recadado coas entradas destinarase aos enfermos e familiares de ELA

Sanxenxo, 8 de agosto de 2024.- O campo do Portonovo acollerá este sábado o Trofeo Manolo Martín, a partir das 18:30 horas. A proba coa que colabora o Concello de Sanxenxo volve, como cada ano, cunha clara finalidade social. Así o diñeiro recadado coas entradas destinarase aos enfermos de esclerose lateral amiotrófica (ELA) e os seus familiares.

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, xunto aos organizadores, entre eles o impulso, Manolo Martín, presentaron o trofeo que enfrontará aos Veteranos do RC Deportivo e Veterano do RC Celta de Vigo. O prezo das entradas de adultos é de 10 euros, a dos nenos, 5 euros, e tamén haberá fila 0 para que se fagan as doazóns sen necesidade de acudir ao partido.

0
0
0
s2sdefault