Concello de Sanxenxo - A SARDIÑADA POPULAR NO PORTO MARCA MAÑÁ O INICIO DAS FESTAS EN PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Asociación Cultural San Cristóbal repartirá gratuitamente 350 quilos de sardiñas a partir das 13 horas

Sanxenxo, 13 de agosto de 2024.- Portonovo vivirá cinco días de festa para honrar á nosa Señora, San Roque e o Carmen. A Asociación Cultural San Cristóbal de Portonovo, organizadora das citas, pechou unha programación protagonizada pola música, as celebracións litúrxicas, a sardiñada e o Día do Can.

A actividade arrincará mañá mércores, con alborada de Os Gatiños de Portonovo e a tradicional sardiñada no porto onde está previsto a repartición gratuíta de 350 quilos do peixe azul, amenizada por DJ Bais7 Disco Móbil.

O día 15, Día da Nosa Señora, unha salva de bombas anunciará o comezo das festas con alborada cos grupos Lembranzas e Os Gatiños. Ás 12 horas, terá lugar a misa. Pola noite, ás 22:30 horas, celebrarase o concerto de Gintoni's e o grupo Arena

O día 16 de agosto, coincidindo coa celebración de San Roque, a xornada dará comezo coas alboradas de Lembranzas e Os Gatiños. Ás 11 horas celebrarase a misa na igrexa de Portonovo e, a continuación, realizarase o tradicional encontro de imaxes. Ás 13 horas, concerto da Banda de Música de Sanxenxo na Casa de Don Fernando. Pola noite, a partir das 22:30 horas, a verbena correrá a cargo Gran Parada e o disco móbil Dolce Vita. A medianoite terá lugar o espectáculo pirotécnico.

O día 17 dedicarase o día á Virxe da Carmen. A Banda de Música de Redondela actuará ás 13 horas, á beira da capela, e ás 19 horas a misa solemne contará coa actuación da Coral de Santa María de Adina. Ás 22:30 horas, orquéstra Costa Dorada e disco móbil Poison.

O 18 celebrarase o Día do Can. A música na rúa iniciará a xornada e pola tarde, ás 18:00 horas, terán lugar os tradicionais xogos populares no peirao. A verbena, a partir das 22:30 horas, contará coa orquestra Galilea e Dolce Vita.

0
0
0
s2sdefault