Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECIBIU NOS SETE PRIMEIROS MESES DO ANO MÁIS DE CATRO MILLÓNS DE VISITAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

No mes de xullo concéntrase case 1,5 millóns destas chegadas

Sanxenxo, 16 de agosto de 2024.- A análise do 'Big Data' e a xeolocalización do móbil de Orange contratado a través da Mancomunidade do Salnés revela que Sanxenxo recibiu nos sete primeiros meses do ano 4.018.546 visitas. Do total, case 1,5 millóns destas chegadas producíronse no mes de xullo, seguido de xuño, 743.863, fronte ás 239.607 visitas rexistradas en xaneiro; 250.741, en febreiro; 425,031 en marzo; 416.081, en abril; 447.206 en maio; e 743.863 en xuño. A diferenza de cifras revela o crecemento constante e a ampliación da tempada baixa a pesar da diferenza coa tempada alta.

O estudo permite diferenciar, a través de rastrexo do móbil, que durante o pasado mes recibíronse 390.579 visitantes que non pasaron a noite e 164.724 que si pasaron a noite en Sanxenxo. Estas cifras son tamén rechamantes no mes con menor número de visitas, xaneiro, no que se rexistraron 85.313 visitantes sen pasa a noite e 34.352, que pasaron a noite no municipio. A diferenza de cifras revela o crecemento constante e a ampliación da tempada baixa a pesar da diferenza coa tempada alta.

En canto á orixe destes visitantes, a procedencia nacional segue tendo un peso moi marcado no balance con 1.428.316 foron visitantes nacionais fronte aos estranxeiros, 71.100.

En canto á poboación, o estudo revela un dato que reafirma o incremento poboacional de Sanxenxo no verán. Só en xullo, o municipio recibiu 555.303 visitantes, con e sen pasar a noite, fronte aos 18.000 habitantes que figura no padrón.

0
0
0
s2sdefault