Concello de Sanxenxo - O CONCELLO XA TEN PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN PARA RENOVAR O TRAMO FINAL DA SENDA DA PRAIA DE AREAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación que ten un custo total de 79.149 euros leva a renovación de 150 metros de pasarela de madeira

Sanxenxo, 26 de agosto de 2024.- O Concello de Sanxenxo xa dispón dunha proposta de adxudicación para renovar o tramo final da senda de acceso á praia de Areas. Dúas empresas presentaron a súa oferta para realizar os traballos, pero a mesa de contratación propón a Multiservicios Doval para executar os 150 metros de pasarela de madeira. Uns traballos cos que quedaría concluída a accesibilidade ao areal, ademais de mellorar a protección do espazo dunar ao elevar o novo paseo uns 50 centímetros.

A actuación valorada en 79.149 euros saíu a licitación xunto á creación dunha nova pasarela na praia de Panadeira e un vídeo dos sendeiros litorais. O tres proxectos inclúense nas axudas do Embelecemento do Litoral Galego no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A actuación consistirá no desmonte e retirada de establecido do pavimento de piñeiro e a colocación dunha varanda reciclada de protección formada soportes de plástico reciclado de sección cilíndrica e dúas barras de plástico reciclado e sección circular.

Aproveitando a contorna, o Concello de Sanxenxo quere habilitar neste último tramo unha zona de esparexemento nunha das beiras do río Pintillón próxima á pasarela. Unha zona arboredo de gran beleza que está previsto pór en valor e que se sumaría a esta actuación.

0
0
0
s2sdefault