Concello de Sanxenxo - O TORNEO SANXENXO CUP REDOBRA A SÚA APOSTA CON DOUS FINS DE SEMANA DE COMPETICIÓN E CATRO CATEGORÍAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os campionatos desenvolveranse nos campos de fútbol de Baltar de Arriba e do Revel con preto de 800 nenos

Sanxenxo, 27 de agosto de 2024.- O Torneo Sanxenxo Cup afiánzase no calendario deportivo redobrando a súa aposta con dous fins de semana de competición e catro categorías diferentes. O organizador das citas deportivas, Bruno Baya, e o concelleiro de Turismo, Juan Deza, presentaron hoxe os campionatos que darán comezo esta fin de semana coas categorías, Infantil e Cadete, no campo de Baltar de Arriba, e ao que seguirá o próximo fin de semana, as categorías Benxamín e Alevín, no campo municipal do Revel. Preto de 800 nenos desprazaranse ao municipio para participar. Baya agradeceu a colaboración do Concello de Sanxenxo coa cesión das instalacións deportivas. "Estamos convencidos de que estas probas viñeron para quedar e que o obxectivo é seguir ampliando territorio, podendo dar o salto a equipos de fóra de España a partir do próximo ano", asegura Baya. Nesta edición, xa confirmaron a súa participación equipos como R.C. Celta ou o R.C. Deportivo da Coruña.


Como xa sucedeu na edición pasada, parte da recadación das citas irá destinada á Asociación contra o Cancro de Sanxenxo. "Cremos que é moi positivo darlle un carácter solidario a este torneo", asegura Baya.
Pola súa banda, Juan Deza agradeceu "iniciativas como esta que veñen enriquecer o calendario de actividades de Sanxenxo e que promoven o deporte e os hábitos saudables".

0
0
0
s2sdefault