Concello de Sanxenxo - AS OBRAS DE POSTA A PUNTO NOS COLEXIOS ENCARAN A SÚA RECTA FINAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


A concelleira de Educación, Nati Parada, e o edil de Medio, Mantemento e Servizos, Yago Torres, visitaron os traballos

Sanxenxo, 30 de agosto de 2024.- O Concello de Sanxenxo avanza nas obras de posta a punto nos centros educativos do municipio que estarán concluídos antes do inicio do próximo curso escolar, o 11 de setembro. A concelleira de Educación, Nati Parada, e o edil de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos, Yago Torres, visitaron os traballos, algúns xa concluídos como a rampla do colexio do Cruceiro, e outros aínda en execución, como o pintado e acondicionamento de aulas no colexio de Portonovo que está previsto conclúan a próxima semana.

Entre os traballos atópase o acondicionamento de seis aulas da planta baixa, e a ampliación da arqueta da recollida de pluviais no colexio de Portonovo; melloras en seis baños do CEIP Magaláns e a colocación dunha varanda; a reposición da cancilla, a colocación dun canlón no patio de infantil e o pintado do muro perimetral no colexio de Nantes; a posta a punto da instalación eléctrica da aula de informática no da Florida e o cambio dunha porta. En O Telleiro, realizarase o acondicionamento da saída de emerxencia, reposición do canlón do pavillón, así como o tapiado e acondicionamento da parede sur que filtra humidade para os baños e o cambio de teito nas casetas de xardinaría, este último xa realizado.

Na Escola Unitaria de Aios acondicionouse unha nova aula con novo chan e pintado. A estas actuacións hai que engadir a inspección dos depósitos de gasoil e das alarmas en todos os centros educativos do municipio, así como arranxos eléctricos e de fontanaría

Doutra banda, persoal municipal está a limpar durante estes días todas as marquesiñas de autobús nas distintas parroquias tanto as destinadas ao transporte escolar como regular.

0
0
0
s2sdefault