Concello de Sanxenxo - A CONSTRUCIÓN DA NAVE DE SERVIZOS AVANZA COA CIMENTACIÓN DO SOTO E AS ESCAVACIÓNS DO TERREO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 29 de agosto de 2024.- A construción da nova nave de servizos no parque empresarial de Nantes avanza coa cimentación do soto e as escavacións do terreo que albergará o novo edificio destinado a equipamento de praias, iluminación pública, maquinaria de parques e xardíns... A nave, executada por Seranco, terá unha superficie de 3.800 m2 costa 2,2 millóns de euros (IVE incluído) e terá un prazo de execución de 10 meses. A súa construción permitirá ao Concello de Sanxenxo o aforro de 40.000 euros ao ano polo actual aluguer do almacén.

A parcela municipal na que se levantará a nave ten unha superficie de 8.343 metros cadrados. O almacén incluirá no soto un aparcadoiro para 16 vehículos municipais e tres puntos con cargadores eléctricos. Tamén contará con paneis solares que suporán un importante aforro na factura da enerxía eléctrica. O obxectivo é construír un edificio sustentable e ecoeficiente cun aseo, dous vestiarios, uns despachos de billetes e dous accesos. O exterior disporá dun aparcadoiro e un xardín.

A nave sustentarase mediante alicerces de formigón prefabricado sobre os que apoiarán cerchas a dúas augas prefabricadas. A cuberta da nave proxéctase de estrutura prefabricada como soporte da cobertura de paneis sándwich. O illamento será de panel sándwich.

As fachadas da nave resólvense mediante paneis de formigón armado prefabricados, dispostos a modo de zócalo e cerramento, a partir de determinada altura e seguindo o deseño da fachada de incorpora unha coroación transventilada composta por unha combinación paneis metálicos texturizados e paneis con elementos translúcidos de policarbonato celular e illamento intermedio. Complementarase o cerramento con celosías e parasois en determinados paramentos, aos efectos de minimizar a exposición de estancias habitables.

Os chans en contacto co terreo proxéctanse mediante soleira de formigón con espesor acorde á carga e tipo de tráfico que soporte. Disporase sobre capa de grava con protección de lámina de polietileno de alta densidade. O acabado resólvese con formigón puído, con gres antiescorregadizo para os cuartos húmidos. Na carpintaría exterior da nave, de aluminio anodizado, proxéctase a instalación de portais de acceso por fachadas, de tipo corredera e/ou seccionales elevables. A terra extraída na parcela será reutilizada no acondicionamento

0
0
0
s2sdefault