Concello de Sanxenxo - SANXENXO PON FIN AO PLAN CONCILIA CON BALANCE POSITIVO TRAS PRESTAR SERVIZO A MÁIS DE 200 NENOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade desenvolveuse durante os meses de xullo e agosto no colexio da Florida, de 8 a 15 horas e, por primeira vez, con servizo de fiambrera

Sanxenxo, 14 de agosto de 2024.- O Concello puxo este venres fin a Sanxenxo Concilia, un plan municipal pensado para compatibilizar o traballo e a familia durante os meses de xullo e agosto. O departamento de Educación, dirixido por Nati Parada, ampliou o servizo ofrecendo a posibilidade do plan madruga e do servizo de fiambrera que tivo unha gran acollida entre as familias usuarias. "Estamos xa pensando en melloras para a vindeira edición porque sabemos que se trata dun servizo clave, especialmente, en destinos turísticos como Sanxenxo. Queremos que os rapaces e rapazas o pasen ben, desfrutan e aprendan", explica Parada.
As cinco monitoras de Animación Sociocultural foron as encargadas de levar a cabo a programación de actividades que tiveron como zona base o colexio da Florida. Ao longo destes dous meses realizaron veladas nocturnas, excursións a distintos puntos e saídas polo municipio como ao aquapark de Portonovo ou á praia. Tamén recibiron as clases maxistrais do Obradoiro de Hostalaría do Salnés cos que aprenderon labores de camareiro e tamén elaboraron galletas.

0
0
0
s2sdefault