Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 44 POSTOS ENGALANARÁN ESTE MÉRCORES A XLII FEIRA DA CEBOLA NA CONTORNA DA PRAZA DOS BARCOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A extrabajadora de telefonía, Lola Villalustre, e o tiktoker, Xurxo Carreño, recibirán as Cebolas de Ouro 2024


Sanxenxo, 2 de setembro de 2024.- Sanxenxo prepárase para celebrar este mércores a XLII Feira da Cebola. Un total de 44 postos instalaranse na contorna da Praza dos Barcos, coincidindo coa celebración de Santa Rosalía. A xornada dará comezo con alboradas a cargo da Asociación Cultural Abiñadoira e a Banda de Música.
Ás 10.00 horas procederase á apertura dos postos e a venda de hortalizas. Como novidade, haberá dous talleres gratuítos, un con trenzas florais de cebolas e plantas aromáticas e outro de champú sólido natural con cebola e outras hortalizas, así como plantas medicinais. O proceso inclúe desde a selección dos ingredientes ata a preparación e secado do champú.


No mesmo recinto, ás 12.00 horas dará comezo a cerimonia de entrega das Cebolas de Ouro 2024, galardón co que nesta edición será distinguida Lola Villalustre, extrajadora de telefonía e veciña de Sanxenxo, e o tiktoker e cómico, Xurxo Carreño, ourensán afincado desde fai máis dun ano en Portonovo e con fortes vínculos coa localidade.


Durante a cerimonia tamén se repartirán 1.910 euros en premios para as cebolas máis grandes, as composicións artísticas máis orixinais, as ristras máis longas e, por primeira vez, o posto mellor presentado.
Na vertente relixiosa do programa, ás 19.00 horas, celebrarase misa cantada, polo coro parroquial San Xinés de Padriñán, no templo novo e unha ofrenda da Danza de Río frío a cargo de Abiñadoira. A partir das doce da noite, realizarase a gran tirada de fogos de artificio desde a praia de Silgar.


Previa Feira da Cebola
Para mañá está prevista unha xornada de exaltación do produto estrela da horta de Sanxenxo, a cebola, a cargo do Obradoiro de Hostalería do Salnés e Marcos Sabor_Saxo na Praza de Pascual Veiga a partir das 12 horas. A partir das 21 horas, terán lugar os Concertos da Cebola, co 4º Sentido, na Rosa dos Ventos, e Raúl&Cía ás 23 horas no Paseo dos Barcos. A partir das 22 horas, terá lugar a procesión nocturna para recoller a imaxe de Santa Rosalía co acompañamento da Banda de Música de Sanxenxo e Abiñadoira.

0
0
0
s2sdefault