Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZA O TIRÓN TURÍSTICO DE SETEMBRO CON CATRO PROBAS DEPORTIVAS DE MOTOR, CICLISMO E VEA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A 36 Concentración Internacional Mototurística Rías Baixas-Sanxenxo celebrarase desde este venres ata o domingo en Baltar

Sanxenxo, 3 de setembro de 2024.- Sanxenxo reforza o tirón turístico de setembro con catro probas deportivas de motor, ciclismo e vea. Tras catro anos de ausencia, a 36 Concentración Internacional Mototurística Rías Baixas-Sanxenxo regresa este venres e ata o domingo con Baltar como base de operacións. A expectación por este evento reúne cada edición a miles de visitantes. A apertura de inscricións realizarase durante a tarde do venres, de 17 a 22 horas, no recinto da piscina e do campo de fútbol, xunto á apertura do mercadillo moteiro. Os inscritos poderán gozar dunha cea na carpa tras desfrutar dun Show de Stunt a cargo de AV Campos. A partir das doce e media, comezará a festa moteira con espectáculo de música Eme Music e sorteos. O sábado continuará a actividade con dous pases de stunt e festa moteira. O domingo, está prevista unha excursión polo municipio con chegada á Praza do Mar para gozar dun menú degustación para os inscritos. Durante o transcurso da concentración sortearanse estancias, cascos e cazadoras.

O domingo, 15 de setembro, Sanxenxo acollerá a última proba da Volta Ciclista a Galicia. O Concello de Sanxenxo acollerá a última etapa da Volta Ciclista a Galicia, o vindeiro domingo quince de setembro. Esta, que será a cuarta etapa, decidirá quen é o gañador entre os máis de 300 deportistas de 18 equipos de diferentes puntos de España (oito deles galegos e un portugués). O percorrido, será de 133 quilómetros, e pasará polas parroquias de Adina, Noalla, Vilalonga, Dorrón, Bordóns e Padriñán. A organización reuniuse esta mañá para pechar o dispositivo de seguridade da proba.

Do 27 ao 29 de setembro, celebrarase á 9ª Regata Rei Juan Carlos I - Corte Inglés Máster 2024 con catro clases: J80, Optimus, 6M e ORC. Máis dun centenar de barcos asucarán a Ría de Pontevedra durante este tres días.

Do 30 de setembro ao 5 de outubro, celebrarase o terceiro Certame Internacional da Clase 6-M espérase que cheguen a Sanxenxo ao redor de 40 equipos, o que se traduce nunhas 500 persoas entre regatistas e compoñentes dos equipos.

0
0
0
s2sdefault