Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ADIANTA AO 9 DE SETEMBRO AS DÚAS HORAS GRATIS PARA EMPADROADOS NO PARKING DE NAUTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado mes de agosto polo aparcadoiro público pasaron unha media de 1.111 vehículos ao día

Sanxenxo, 5 de setembro de 2024.- Os veciños empadroados no municipio contarán xa desde o vindeiro luns, 9 de setembro, de dúas horas gratis ao día no parking de Nauta. Para gozar desta vantaxe é preciso darse de alta nas oficinas do parking de Nauta acreditando que o vehículo está censado en Sanxenxo e do que xa se están beneficiando 3.811 veciños.

Durante o pasado mes de agosto, o aparcadoiro público recadou 229.166 euros, un 19% máis que no mesmo período de 2023, e polas instalacións pasaron unha media de 1.111 coches ao día.

As instalacións do aparcadoiro de Nauta, situado na entrada do porto deportivo, dispoñen de 584 prazas. Estas distribúense en tres espazos diferenciados: 206 prazas na planta pública interior; 178 no parking privado que existe no mesmo recinto; e outras 200 no aparcadoiro en superficie na Praza do Mar e ao que se accede desde a rotonda do porto.

0
0
0
s2sdefault