Concello de Sanxenxo - A SALA NAUTA ACOLLERÁ A CHARLA "A MAXIA DE COÑECER ÁS PERSOAS" IMPARTIDA POR SANDRA MESÍAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A conferencia, organizada pola Concellaría de Educación, será o próximo 4 de outubro e as persoas interesadas deben inscribirse previamente no teléfono 986 727 936

Sanxenxo, 24 de setembro de 2024.- A Sala Nauta acollerá, o próximo 4 de outubro, a charla "A maxia de coñecer ás persoas" impartida por Sandra Mesías e organizada desde a Concellaría de Educación dirixida por Nati Parada. "Todos somos diferentes, pero previsiblemente diferentes e grazas a iso a nosa educación, as relacións sociais e en xeral, a nosa interacción con outros, é moito máis variada, rica, enriquecedora e diversa", asegura Mesías.

A conferencia "A maxia de coñecer ás persoas" pretende, por tanto, axudar a atopar, a través da ferramenta DISC, solucións prácticas e aos retos cotiáns, pero, sobre todo, a coñecer e identificar o patrón comportamental e como iso condiciona as relacións. DISC é unha ferramenta obxectiva e precisa que permite mostrar a personalidade, habilidades e capacidades dos individuos, permitindo identificar e predicir o seu comportamento e conduta en diferentes contornas tanto profesionais como persoais. Ademais, permite mellorar a produtividade, a comunicación e o traballo en grupo. A metodoloxía foi fundada por William Marston e, desde entón, seguiu crecendo e desenvolvéndose, sendo na actualidade un dos test máis utilizados polos departamentos de RRHH.

Da man de Sandra Mesías, certificadora internacional Analista Conductual Gold DISC, os asistentes á charla lograrán un achegamento real e práctico respecto de como nos comportamos, como son as persoas coas que interactuamos, como son os nosos fillos, e as nosas tendencias naturais de comportamento para, a partir de aí, actuar en consecuencia e adaptar a nosa forma de educar, relacionarnos e mesmo comunicarnos.

0
0
0
s2sdefault