Sanxenxo, 25 de setembro de 2024.- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta mañá acompañado da concelleira de Persoal, Paula Martínez, as instalacións da Policía Local de Sanxenxo para manter un encontro no que valorar as prácticas realizadas polos axentes, Daniel Noya Pintos e David Argibay Doval, durante este verán. Os dous incorporaranse previsiblemente de forma definitiva ao persoal da Policía Local de Sanxenxo a mediados de outubro. Ambos valoran de forma moi positiva a experiencia de traballar nun municipio que pasa de case 18.000 habitantes durante o ano a máis de 100.000 durante o verán.
O DIRECTOR XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR, SANTIAGO VILLANUEVA, VISITA A POLICÍA LOCAL DE SANXENXO
powered by social2s