Sanxenxo, 13 de decembro de 2023.- A praia de Silgar acollerá este sábado a II Edición do "Sanxenxo Sup Fest 2024" no que se inclúe a Copa Galega de SUP Race e, como novidade, o Campionato Galego de Sprints. A proba organizada por Sanxenxo Paddle Surf Club foi presentada esta mañá polo concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, e Ángel Moldes, responsable do club local. "É un orgullo que unha proba que naceu en Sanxenxo se vaia consolidando no calendario deportivo", explicou Guisasola.
Para a proba hai 115 riders inscritos procedentes de distintos puntos de España e de Portugal. A proba celebrarase en horario de mañá e tarde e incluirá comida na praia. En total haberá doce categorías masculinas e doce femininas que abarcan desde os 8 anos até gran kahuna de 60 anos.
Os deportistas que consigan acabar os percorridos entre o tres primeiras posicións en cada unha das súas categorías conseguirán acceder ao podio e recibirán o seu correspondente galardón.