Concello de Sanxenxo - CONCELLO E AECC ASINAN UN CONVENIO PARA REALIZAR O PRIMEIRO PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOSOCIAL AO ENFERMO ONCOLÓXICO E Á SÚA FAMILIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A administración local achega 3.000 euros para facer fronte ao custo do material necesario para polo en marcha

Sanxenxo, 9 de outubro de 2024.- O Concello de Sanxenxo, sensible á situación que atravesan os veciños enfermos de cancro, ampliará a colaboración que vén mantendo coa AECC Sanxenxo. Co obxectivo último de promover o interese xeral, a través da atención persoal ao afectado e da súa contorna, porase en marcha o primeiro Programa de Atención Social ao Enfermo Oncolóxico e á súa Familia.

O alcalde, Telmo Martín, e a presidenta de AECC Sanxenxo, Meli Rodríguez, asinaron esta mañá un convenio dotado con 3.000 euros para a posta en marcha desta nova iniciativa que require un reforzo de recursos humanos e materiais. "A AECC de Sanxenxo está a realizar unha gran labor e dende o Concello debemos apoiar actividades que repercutan no coidado dos nosos veciños", asegura o alcalde.

A AECC Sanxenxo fundouse en 1993 e desde o pasado 1 de abril de 2023 conta con sede propia en Sanxenxo onde tamén atende a veciños de Meaño. O obxectivo deste colectivo é diminuír o impacto causado polo cancro e mellorar a calidade de vida dos pacientes afectados.

O programa co que se prevé chegar a unha poboación de aproximadamente 200 usuarios e 2.000 de forma indirecta busca mellorar a calidade de vida dos diagnosticados de cancro e das súas familias. Entre as actividades previstas destacan:

  • A atención psicolóxica con tratamento e intervención ante trastornos presentados polo enfermo polo seu estado de saúde
  • Intervención psicolóxica en grupo
  • Tratamento e terapias destinadas ás familias para afrontar as adversidades do proceso oncolóxico.
  • A atención social con información sobre recursos e servizos aos que se pode acoller o paciente e a súa familia
  • Equipo de voluntariado, que coa formación adecuada e capacitación xogarán un papel crave xa que realizan un labor social insubstituíble.

Para poder solicitar o servizos mencionados basta con porse en contacto coa asociación a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e coordínase cun profesional especializado da AECC a atención personalizada que demandan. Este convenio xorde despois das reunións co obxectivo de reforzar o apoio que se dá aos enfermos que acoden á sede, ofrecendo terapias e ferramentas que axuden a levar a enfermidade mentres dure, e mesmo, despois. Este programa de recursos porase en marcha en 2025, as persoas (sexan coidadoras ou enfermos poderán anotarse a través de : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., explicando a súa situación e porémonos en contacto para concretar.

0
0
0
s2sdefault