Concello de Sanxenxo - O CIM INICIA NO COLEXIO DE PORTONOVO O PROXECTO "QUÉROME, QUÉROTE" PARA PREVIR VIOLENCIAS MACHISTAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As concelleiras de Servizos Sociais, Paz Lago, e a edil de Educación, Nati Parada, visitaron o centro educativo

Sanxenxo, 11 de outubro de 2024.- O Concello de Sanxenxo a través do CIM iniciou esta mañá no colexio de Portonovo o proxecto "Quérome, quérote" para fomentar as relacións afectivo sexuais saudables e previr as violencias machistas entre os mozos e mozas. A actividade, financiada pola Deputación de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero irá destinada a 6º de Primaria e 2º da ESO.

A concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago, e a edil de Educación, Nati Parada, visitaron esta mañá o centro de Portonovo onde arrincou a actividade que tamén levará ao CEIP O Cruceiro, CEIP Magaláns, CEIP Nantes, CEIP A Florida, CEIP Noalla, IES Sanxenxo, IES Vilalonga, CEIP Portonovo e o Colexio Plurilingüe Abrente.

A actividade dividirase en tres bloques:

- Establecemento de relacións sas e igualitarias (aprender a dicir non, relacións baseadas en igualdade versus desigualdade, rexeitamento da submisión, violencia de xénero e submisión).

- Estereotipos sociais, roles e crenzas (liberdade de ser quen queremos ser, captarse e quererse e amar non fai dano).

- Diversidade afectivo sexual e a realidade social (expectativa comercial e realidade, sinais de alarma e risco, enfermidades de transmisión sexual, importancia da comunicación e embarazos non desexados).

Tamén se ofertará un taller coas familias consistente nunha sesión de tres horas onde se traballarán os contidos do proxecto coas familias do alumnado no que se poderá realizar consultas, medos e achegando ferramentas básicas para educar en igualdade, prevención e rexeitamento da violencia de xénero.

Doutra banda, o Concello, a través da Concellaría de Educación, no marco da prevención de violencia de xénero levará a cabo o proxecto Sendere, un cuestionario dirixido a 3º da ESO para coñecer a percepción da violencia machista, a igualdade e as relacións afectivos sexuais que axudará a perfilar as actividades dirixidas a este grupo de mozos.

0
0
0
s2sdefault