O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda, María Deza, realizaron esta mañá unha visita á obra
Sanxenxo, 14 de outubro de 2024.- O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda, María Deza, realizaron esta mañá unha visita á obra da nova nave de servizos que a entidade municipal de vivenda e solo Ínsula Sanxenxo está a executar en dúas parcelas do parque empresarial de Nantes. "As obras van a bo ritmo e agardamos que estean listas para o vindeiro verán o que nos permitirá contar cunha nave de máis de 2.000 metros cadrados para os servizos municipais", asegurou Martín. Na seguinte fase e na mesma parcela de máis de 10.000 metros cadrados, está prevista a construción da sede de Emerxencias e a Policía Local.
Os traballos da nova nave, valorada en 2,6 millóns (IVE incluído), avanzan coa cimentación e a colocación dos piares de formigón prefabricado sobre os que apoiarán cerchas a dúas augas prefabricadas. A súa construción permitirá ao Concello de Sanxenxo o aforro de 40.000 euros ao ano polo actual aluguer do almacén. O almacén incluirá no soto un aparcadoiro para 16 vehículos municipais e tres puntos con cargadores eléctricos. Tamén contará con paneis solares. O obxectivo é construír un edificio sustentable e ecoeficiente cun aseo, dous vestiarios, taquillas e dous accesos. O exterior disporá dun aparcadoiro e un xardín.
A cuberta proxéctase de estrutura prefabricada como soporte da cobertura de paneis sándwich. O illamento será de panel sándwich. As fachadas da nave resólvense mediante paneis de formigón armado prefabricados, dispostos a modo de zócalo e cerramento, a partir de determinada altura e seguindo o deseño da fachada de incorpora unha coroación transventilada composta por unha combinación paneis metálicos texturizados e paneis con elementos translúcidos de policarbonato celular e illamento intermedio. Complementarase o cerramento con celosías e parasois en determinados paramentos, aos efectos de minimizar a exposición de estancias habitables