Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONSOLIDA O SEU TIRÓN TURÍSTICO EN SETEMBRO CON 85.373 TURISTAS, UN 17% MÁIS QUE EN 2023
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Sanxenxo, 25 de outubro de 2024.- Sanxenxo consolida o seu tirón turístico en setembro con 85.373 turistas, un 17% máis que no mesmo período do ano anterior. Os datos extraídos do Big Data por xeolocalización do teléfono móbil contratado pola Mancomunidade do Salnés revela ademais un crecemento no número de visitantes, ao rexistrar 226.878, persoas que non pasan a noite.

Ata 2022 a única ferramenta da que se dispuña para medir a actividade turística eran os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que só contabilizan viaxeiros e pernoitas dos hoteis, hora cóntanse con datos dos viaxeiros que se hospedan en calquera dos aloxamentos que ten o municipio. Sanxenxo dispón de 9.341 prazas hostaleiras, 22.656, en cámpings, apartamentos e vivendas turísticas, e 50.000 en segundas residencias.

En canto ao total de pernoitas, no mes de setembro rexistráronse 328.275 cun tempo medio de estancia de 3,85 noites por turista. Respecto á orixe, o turismo nacional segue sendo o de maior peso, 76.812, fronte ao internacional, 8.561 dos que Portugal achega o 80%. No caso dos visitantes, o tempo medio de estancia foi de 3,60 horas no municipio e a maioría procedían en territorio nacional da provincia de Pontevedra, 94.342 e 10.137 de Portugal, en territorio internacional.

A falta de coñecer os meses de outubro, novembro e decembro, hai que destacar a tendencia crecente do turismo en tempada baixa en Sanxenxo superando a estacionalización. E é que cabe lembrar que, en 2023, o 32% dos viaxeiros que pasaron a noite, en concreto 245.141 persoas, fixérono nese período do ano. A maiores, o 43% das persoas que estiveron en Sanxenxo durante o día (1.001.079) fixérono tamén na tempada baixa. Cifras que demostran que o obxectivo da desestacionalización que o sector e o Concello expuxéronse a principios de século é xa unha realidade. Outra cousa distinta é que siga habendo marxe de mellora nos meses de outono e inverno.

0
0
0
s2sdefault