Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACODE Á WTM DE LONDRES CUNHA NOVA GUÍA DE SENDEIROS AZUIS E RECURSOS NATURAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, acudirá cunha ampla comitiva de empresas locais

Sanxenxo, 1 de novembro de 2024.- O Sanxenxo asistirá un ano máis á WTM (World Travel Market) de Londres, que se celebrará do 5 ao 7 de novembro de 2024 no centro de exposicións Excel London. O concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza Otero, acudirá á feira acompañado da coordinadora de turismo e dunha ampla comitiva de empresas locais a través do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, CETS, co seu presidente á fronte e dentro da misión comercial que, como todos os anos, organiza o Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia.

Sanxenxo manterá distintos encontros de traballo con operadores interesados no destino e asistirá dentro da súa axenda de traballo a diversos actos. Entre outros, á Entrega de Premios Wanderlust especializados en sustentabilidade e xeneralistas e o III Encontro Sustainable Spain SPAIN FOR ALL que organiza a OET Londres.

No plano promocional, no stand de Galicia dentro da marca Turespaña, Sanxenxo disporá como en anos anteriores de material promocional do destino, merchandising, folleto xenérico do destino e folleto de turismo náutico (ambos en inglés) e, por primeira vez, contará cunha Guía de Sendeiros Azuis en papel e idioma inglés que, ademais, tamén se poderá descargar por código QR. Con esta nova guía dedicada aos 8 Sendeiros Azuis certificados por Adeac, así como ao resto de recursos naturais de Sanxenxo, rutas"O goberno local continúa traballando para continuar incrementando as pernoitas nos meses de tempada baixa dentro da súa marca comercial "Sanxenxo, 365 días".

Juan Deza explica que esta guía en papel refórzase cun novo espazo web no que Turismo de Sanxenxo leva meses traballando e ao que xa se pode acceder desde unha url específica: https://guiaturismo.turismodesanxenxo.com (ou tamén desde a propia web www.turismodesanxenxo.com).

Isto supón, por primeira vez, que todos os recursos naturais do municipio se atopan agrupados, xeolocalizados, con traking de rutas. Ademais, dentro dos 8 Sendeiros Azuis recóllense todos os recursos relacionados con cada unha das rutas. Juan Deza considera que "a presentación do folleto en inglés con motivo da WTM 2024 é perfecta dado o gran interese do mercado británico con todo o relacionado con natureza, sendeiros e sustentabilidade. Ademais, trátase dun público moi afeito a viaxar en tempada baixa o que fai, sen dúbida, máis atractivo este novo produto turístico".

A WTM é unha das feiras de turismo máis grandes e importantes do mundo. Con máis de 5.000 destinos representados e unha gran afluencia de delegados de todo o mundo. Ademais da súa extensa exposición, a WTM é coñecida polo seu programa de conferencias, que cobre temas como a sustentabilidade, a mercadotecnia dixital, as novas tecnoloxías e as tendencias emerxentes na industria. Este ano nomeou á Organización Nacional de Turismo de Grecia (GNTO) como o seu socio principal, destacando as experiencias culturais do país e as súas innumerables oportunidades turísticas durante todo o ano.

0
0
0
s2sdefault