A partir do luns 4, os traballos centraranse na zona da biblioteca polo que permanecerá pechada ata novo aviso
Sanxenxo, 31 de outubro de 2024.- O avance nas obras do Pazo Emilia Pardo Bazán permitirán retomar a mediados de novembro as clases da Escola de Música. Un total de 224 alumnos matriculados en distintas disciplinas musicais retomarán a actividade este curso nas aulas nas que xa se están rematando os traballos de illamento e impermeabilización. O atraso na chegada dos materiais de obra afectou ao comezo previsto das clases.
A actuación centrarase agora na mellora da conexión entre plantas. A biblioteca, situada na segunda planta, atópase conectada coa biblioteca infantil mediante unhas escaleiras, sen conexión mediante ascensor. Para iso demolerase parcialmente as escaleiras, para ampliar o oco existente e poder executar unha plataforma vertical que permita facer accesible a planta baixo cuberta. Estes traballos que darán comezo o luns obrigarán a manter pechada a biblioteca de Sanxenxo ata que conclúan. O persoal xa retirou exemplares que só se atopan nesta biblioteca e que son de lectura escolar para que, previa solicitude, póidanse recoller nas bibliotecas de Portonovo ou Vilalonga.
No salón de actos avánzase coa carpintaría e a instalación da climatización do espazo. Na cuberta, mantense a estrutura actual, debido ao bo estado do material e de conservación, mentres que, na fachada substituiranse os paneis metálicos existentes sen illamento por paneis sándwich similar aos paneis de cuberta. Con respecto á iluminación, está a cambiarse por tecnoloxía LED e modificando o cableado para que, alí onde exista luz natural, póidase controlar a iluminación con sistemas intelixentes.
A maiores, realizarase unha instalación fotovoltaica na cuberta do edificio e no aparcadoiro para parte da enerxía eléctrica consumida no edificio e aproveitada para a carga de vehículos eléctricos sexa de orixe renovable, contribuíndo así ao coidado do medioambiente.
A actuación no Pazo comezou este verán coa principal medida de mellora da accesibilidade incluída no proxecto, o cambio de modelo de ascensor a un cuxa cabina cumpra coas dimensións mínimas interiores adaptadas a persoas de mobilidade reducida e a prolongación do percorrido deste ata o soto. As obras prevese que rematen a principios de 2025.