Concello de Sanxenxo - SANXENXO ANALIZARÁ A TRAVÉS DUN CUESTIONARIO A PERCEPCIÓN DOS ADOLESCENTES SOBRE A IGUALDADE E A VIOLENCIA DE XÉNERO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 4 de novembro de 2024.- O Concello de Sanxenxo, a través do departamento de Educación, dirixido por Nati Parada realizará un cuestionario sobre igualdade e violencia de xénero ao alumnado de 3º da ESO. Un proxecto baseado en tres puntos de actuación: Sensibilizar, detectar e reparar. O resultado deste cuestionario permitirá coñecer a situación e a percepción dos adolescentes sobre estes dous asuntos en base a unha enquisa de 30 preguntas.


Nos últimos anos, o Concello de Sanxenxo está a traballar cos centros educativos do municipio con diferentes propostas entre adolescentes que atraian a súa atención e que, en definitiva, falen o mesmo idioma para difundir a igualdade entre sexos, previr a violencia de xénero desde idades temperás e traballar a educación afectivo sexual.

Este traballo que se realizará nos dous institutos do municipio, o de Sanxenxo e Vilalonga, e no colexio Abrente axudará na planificación das actividades programadas desde o Concello na loita contra a violencia de xénero en idades temperás e en fomento da igualdade.

0
0
0
s2sdefault