Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REPARTIRÁ 4.000 EUROS EN PREMIOS NO CONCURSO DE ILUMINACIÓN "DESLUMBRA CO TEU NADAL"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Cultura, Elena Torres, aposta por segundo ano por esta actividade para dinamizar a participación e crear ambiente do Nadal

Sanxenxo, 8 de novembro de 2024.- O Concello de Sanxenxo convoca o II Concurso de Iluminación "Deslumbra co teu Nadal" no que se repartirán 4.000 euros en premios. A actividade organizada desde o departamento de Cultura, dirixido por Elena Torres, e en colaboración con Entretendas CCU contará este ano cunha nova categoría para rúas, prazas ou zonas da veciñanza cun único premio de 750 euros ao que poderán optar agrupacións de veciños ou asociacións. Mantéñense o tres premios para establecementos comerciais de 1.000 €, 750 € e 500 €, así como para a decoración exterior de vivendas con 500 €, 300 € e 200 €.

"O obxectivo é implicar aos nosos veciños e veciñas no Nadal e incentivar a súa participación con premios. O ano pasado funcionou moi ben e este ano damos un pasiño máis cunha nova categoría que axudará a crear ambiente do Nadal", asegura Torres.

O prazo de inscrición abrirase o próximo 25 de novembro ata o 9 de decembro e poderase realizar a través da sede electrónica de O.A.Terra Sanxenxo ou presencialmente no rexistro do Concello. A decoración debe estar exposta desde o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. O xurado valorará a iluminación con ata 10 puntos; a orixinalidade e o deseño con ata 5 puntos; e o fomento de valores locais, contido didáctico do proxecto e o coidado do medio ambiente con utilización de materiais ecolóxicos, con ata 3 puntos.

Antes do 20 de decembro, os participantes comprométense a enviar fotos e vídeos dos seus escaparates, establecementos, vivendas... ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para poder ser valorados polo xurado e promocionalos nas redes sociais do Concello de Sanxenxo.

O fallo darase a coñecer o 6 de xaneiro durante o Concerto de Reyes da Banda de Música de Sanxenxo no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

 

ENLACE BASES CONCURSO

0
0
0
s2sdefault