A concelleira de Educación, Nati Parada, asistiu á proxección e charla
Sanxenxo, 7 de novembro de 2024.- O Concello de Sanxenxo, a través da Deputación de Pontevedra, achegou esta mañá a figura de Domingo Fontán ao alumnado de 4º da ESO do IES de Sanxenxo. A actividade enmárcase dentro dun circuíto audiovisual para presentar ao emblemático xeógrafo galego á mocidade, baixo o título "Fontán, o primeiro rostro de Galicia". A concelleira de Educación, Nati Parada, asistiu á proxección e charla celebrada na biblioteca.
A actividade consistiu na proxección de "Fontán, o primeiro rostro de Galicia", cunha duración de 30 minutos, no que se realizou un percorrido pola historia e a xeografía galegas, incluíndo entrevistas a especialistas e nocións sinxelas de matemáticas e xeografía. Esta peza convértese nunha ferramenta didáctica atractiva e multidisciplinar coa que logo traballarán no centro educativo.
Tras a proxección, tivo lugar un coloquio para achegar á mocidade o proceso que levou a Domingo Fontán a elaborar a Carta Xeométrica de Galicia (1845), o primeiro mapa topográfico e científico da nosa comunidade, considerado o traballo cartográfico rexional máis importante do século XIX.