Concello de Sanxenxo - A MESA DE TURISMO REPASA OS PROXECTOS QUE MARCARÁN O FUTURO DE SANXENXO COMO DESTINO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O sector fai un balance positivo do verán e apoia a iniciativa do transporte municipal urbano para a tempada alta

Sanxenxo, 13 de novembro de 2024.- O alcalde, Telmo Martín, presidiu esta mañá a Mesa de Turismo á que asistiron representantes do sector turístico de Sanxenxo, así como o concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza. Trátase da terceira reunión do órgano na que se abordou o balance do verán e valoráronse as distintas iniciativas postas en marcha durante a tempada alta como o transporte municipal urbano que, como xa adiantou o alcalde,"veu para quedar", unha medida que o sector referendou.

Durante o encontro que se prolongou durante hora e media, o alcalde expuxo os proxectos craves no futuro desenvolvemento de Sanxenxo como destino como son a modernización rede de saneamento, auga e depuración cun investimento de 36 millóns de euros; a 2ª fase do centro gastronómico do Pazo Quintáns, o novo mercado de Sanxenxo e a escola de hostalaría de Vilalonga, así como a recuperación da ría de Arousa e posta en valor da contorna da Lanzada. "A calidade das nosas augas, a aposta pola gastronomía, o patrimonio e o turismo ornitolóxico aproveitando a riqueza da Ría de Arousa son bazas que Sanxenxo debe aproveitar", asegurou Martín.

En canto ás cifras turísticas deste verán, Sanxenxo acolleu durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro a 532.687 viaxeiros que pasaron a noite no municipio, 29.314 máis que en 2023. Uns datos que se reflectiron no emprego, con marca de afiliados á Seguridade Social con 8.711 en xullo e 454 parados de media entre xuño e setembro, 44 menos que en 2023.

En canto ao Nadal, tanto Concello como sector turístico está convencido que está chamada a ser a terceira tempada turística do ano, tras o verán e Semana Santa, pola que hai que seguir apostando para seguir crecendo en tempada baixa.

0
0
0
s2sdefault