Concello de Sanxenxo - STOP ACCIDENTES PLANTA UN ARCE BRANCO NO COLEXIO DA FLORIDA EN RECORDO ÁS VÍTIMAS DE TRÁFICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Educación, Nati Parada, e o edil de Seguridade Cidadá e Emerxencias, Xoán Pérez, asistiron ao acto

Sanxenxo, 22 de novembro de 2024.- O patio de Infantil do colexio da Florida foi o espazo elixido por Stop Accidentes para plantar esta mañá un arce branco en memoria das vítimas de accidentes de tráfico que se conmemora o vindeiro domingo. O alumnado de Infantil e Primaria en colaboración cos operarios de xardíns municipais, profesores e director do centro, participaron na plantación como símbolo de vida e recordo dos falecidos.

Ao acto asistiron os concelleiros de Educación, Nati Parada, e de Seguridade Cidadá e Emerxencias, Xoán Pérez, que entregaron á representante de Stop Accidentes en Pontevedra, Sandra Fernández, exemplares de "Aprende Seguridade Viaria co Poli Paco", un proxecto realizado en colaboración entre as dúas concellarías. "Este libro é un bo exemplo do traballo en educación viaria realizado neste concello coa figura do Poli Paco coma ou máximo expoñente", asegurou Parada. "Sanxenxo leva anos apostando pola prevención e a formación nos centros educativos porque estes nenos e nenas serán os condutores e os peóns do futuro e vos que poden cambiar a estatísticas de tráfico", recalcou Xoán Pérez.

Pola súa banda, a representante de Stop Accidentes, Sandra Pérez, recoñeceu o labor de Sanxenxo en educación viaria. "Este acto é unha forma de facer partícipe ao alumnado e ao centro que me consta traballa moito na educación viaria", dixo.

0
0
0
s2sdefault