A caseta de socorrismo trasladarase a unha das entradas do areal.
Sanxenxo, 27 de novembro de 2024.- O Concello de Sanxenxo concluíu esta semana a instalación da nova pasarela de madeira na praia da Panadeira. Os traballos céntranse agora no traslado da caseta de socorrismo á entrada do areal e na colocación de luces LED que embelecerán o paseo e facilitarán o tránsito en horas de pouca luz. En total, ocupa unha superficie de 73,5 m² e 2 metros de ancho.
A actuación enmárcase dentro da liña de axudas do Embelecemento do Litoral Galego. Nesta subvención tamén se inclúe a renovación dun tramo de 150 metros de pasarela en Areas, que tamén se concluíu esta semana, e que transcorre pola beira do río Pintillón ata a entrada da praia. Con esta actuación, mellórase a protección do espazo dunar ao elevar o novo paseo cincuenta centímetros.
As actuacións executáronse desde a Concellaría de Turismo e Praias, dirixida por Juan Deza, cunha inversión total que supera os 167.000 euros.