Concello de Sanxenxo - SANXENXO REVALIDA A SÚA APOSTA POLA CALIDADE NA NOITE Q
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio suma un total de 60 distintivos entre o sector público e privado.

Sanxenxo, 24 de xaneiro de 2025.- Sanxenxo revalidou onte á noite a súa aposta pola calidade, tanto no ámbito público como privado, cun total de 60 distintivos Q que o coroan como o municipio galego con máis recoñecementos e o destino español co maior número de praias certificadas, 16.

O concelleiro de Turismo, Juan Deza, e o deputado Marcos Guisasola asistiron á XVIII Entrega de Banderas Q de Calidade Turística, Safe Tourism Certified e S de Sostibilidade Turística, celebrada na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles. “O noso compromiso coa excelencia vai da man do sector privado. Só así se pode entender o noso posicionamento como destino referente de calidade nos nosos servizos”, asegurou Juan Deza.

As bandeiras Q ondearán o próximo verán nas praias de A Lapa, Areas, Areas Gordas, Baltar, Canelas, Caneliñas, Major, Montalvo, Panadeira, Silgar, Foxos, Pragueira, Paxariñas, Area de Agra, Bascuas e O Espiñeiro, así como nas oficinas de Nauta e de Turismo. No sector privado contan con este certificado de calidade 27 hoteis ou apartamentos, 2 cámpings, 7 restaurantes ou cafeterías, 1 adega, unha instalación náutica e 3 axencias de viaxes.

O ICTE celebra anualmente esta gala co obxectivo de recoñecer a todos aqueles concellos e empresas privadas que realizaron unha aposta decidida pola calidade, a sostibilidade e a seguridade nas súas praias e servizos. A Q de Calidade, creada en 1997, achega prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción, xa que a súa concesión implica o cumprimento de esixentes requisitos.

0
0
0
s2sdefault