Concello de Sanxenxo - EVENTOS NOVA ORGANIZA EN COLABORACIÓN COA AECC DE SANXENXO UN CONCURSO DE NOVOS TALENTOS PARA RECADAR FONDOS PARA O CANCRO INFANTIL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Eventos NOVA organiza en colaboración coa AECC de Sanxenxo un concurso de Novos Talentos que se celebrará o vindeiro 3 de maio para recadar fondos para a investigación do cancro infantil. Os interesados en participar deberán realizar primeiro un casting o próximo 22 de marzo, ás 16 horas, no Auditorio Emilia Pardo Bazán, onde poderán amosar o seu talento de forma individual ou en grupo. A proba está dirixida a nenos e nenas de entre 0 e 16 anos, que poderán mostrar as súas habilidades en calquera disciplina. Para anotarse ao casting, deberán enviar un WhatsApp ao teléfono 622 525 041 indicando o seu nome, idade, habilidade e se necesitan algo especial para a súa actuación.

O 3 de maio celebrarase a Gran Gala Benéfica ás 16 horas no Auditorio Emilia Pardo Bazán. O prezo da entrada é de 10 euros, dos que o 70% irá destinado á investigación do cancro infantil. Aqueles que desexen colaborar pero non poidan asistir á gala tamén poderán facelo a través de Bizum ao mesmo teléfono de inscricións. As tres mellores actuacións recibirán premios, como vales de compra achegados por Entretendas, así como sesións de baile e canto en academias que tamén colaboran coa gala.

A presidenta da AECC Sanxenxo, Meli Rodríguez, asegura que “ao longo do ano facemos varias actividades para recadar fondos, pero case nunca algo para nenos e nenas. Consideramos que é importante tamén chegar a eles de forma lúdica e facelos partícipes dunha actividade solidaria”. A actividade benéfica conta coa colaboración do Concello de Sanxenxo e Entretendas Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault