Concello de Sanxenxo - NAUTA RECIBE CINCO OFERTAS PARA REALIZAR A MELLORA DO ACCESO AO PORTO PESQUEIRO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 4 de marzo de 2025.- A sociedade municipal Nauta recibiu as ofertas de cinco empresas para executar a mellora do acceso ao porto pesqueiro de Sanxenxo por 190.750 euros e un prazo de execución de 45 días. As empresas que presentaron oferta son Construcciones Obras y Viales, Castro Figueiro, Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa, Narom e Oreco Balgón.

A actuación, que será financiada con cargo aos fondos propios da sociedade municipal Nauta Sanxenxo, consistirá na retirada do firme existente, dispoñendo dun novo firme máis duradeiro, a colocación de bolardos móbiles e fixos ao longo do trazado e a instalación dun sistema de control de accesos para reducir o tráfico de vehículos e garantir a seguridade dos peóns.

Os traballos incluirán a retirada do pavimento existente desde a glorieta de acceso ao porto ata a entrada ao espazo destinado á pesca marítima e a colocación dun novo firme de formigón, con anchos variables entre 6 metros e 5,75 metros. Tamén está prevista a colocación de bolardos móbiles e fixos ao longo do trazado, así como un control telescópico, semáforos e lector de tarxetas e matrículas.

O acceso á zona portuaria estará garantido durante as obras a través dun itinerario alternativo polo vial do espigón que rodea o porto. Prevese que as obras estean rematadas para Semana Santa.

0
0
0
s2sdefault