Sanxenxo, 6 de marzo de 2025.- O Concello de Sanxenxo abre o prazo de solicitudes de novo ingreso nas Escolas Infantís Municipais (0-3 anos) de O Tombo e O Revel para o curso 2025/26, dende o 7 ao 21 de marzo (ambos incluidos).
Fóra deste prazo, so poderán presentar solicitudes nos seguintes casos:
a) Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
b) Cambio de residencia da unidade familiar ao Concello de Sanxenxo.
c) Cambio nas circunstancias laborais dalgún dos proxenitores que o motiven.
d) Outras circunstancias socio-familiares e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.
As solicitudes presentaranse preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal) no enlace procesamento electrónico. Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.
Unha vez publicadas as listaxes definitivas de admitidos será imprescindible presentar a matrícula nas datas que se establezan e aproben por resolución da presidencia e que se farán públicas na páxina web municipal. Ademáis será preciso ó cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.
Gracias ao sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a atención educativa será gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios.
A permanencia dos nenos/as na escola non pode exceder de 8 horas diarias. O horario máximo de apertura da escola está comprendido entre as 7:30 e as 19:30 horas, de ter demanda real suficiente (30% das prazas totais de cada Escola), unha vez iniciado o curso escolar.
Prazas dispoñibles:
TOMBO:
Grupo idade 0-1: 8 plazas
Grupo idade 1-2: 5 plazas
Grupo idade 2-3: 7 plazas
REVEL
Grupo idade 0-1: 15 plazas
Grupo idade 1-2: 10 plazas
Grupo idade 2-3: 15 plazas
ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE SANXENXO
O Concello de Sanxenxo conta con 2 Escolas Infantís Municipais (EIM), O Tombo e O Revel
As EIM teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos/as nenos/as con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas de acordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia. Ámbalas dúas Escolas contan tamén co servizo de comedor con cociña nas propias instalacións.
INSTALACIÓNS
EIM O Tombo
1 aula de 0-1 anos
1 aula de 1-2 anos
1 aula de 2-3 anos
Patio de xogos exterior común
Patio de xogos cuberto común
Sala multiusos e zona de comedor multiusos
Cociña
Zona de administración e dirección
EIM O Revel
2 aulas de 0-1 anos con patio de xogos exterior
2 aulas de 1-2 anos con patio de xogos exterior
2 aulas de 2-3 anos con patio de xogos exterior
Patio de xogos cuberto común
Sala multiusos e zona de comedor multiusos
Cociña
Zona de administración e dirección
MÁIS INFORMACIÓN ESCOLAS INFANTÍS