Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REFORZA O SEU CADRO DE PERSOAL CON 17 TRABALLADORES A TRAVÉS DO PLAN +PROVINCIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O custo total das novas contratacións ascende a 280.577 euros, dos que a Deputación achega 244.802 euros e o Concello, 35.774 euros.

Sanxenxo, 8 de marzo de 2025.- O Concello de Sanxenxo reforzará o seu cadro de persoal con 17 persoas desempregadas a través do Plan +Provincia. Tras un primeiro proceso de selección, xa se contrataron 7 traballadores que realizarán labores administrativas nos departamentos da Policía Local, Servizos Sociais, Secretaría, Rendemento e Intervención. A duración do seu contrato é de 10 meses. Entre as tarefas que desempeñarán están a atención cidadá, a xestión de arquivos e documentos, os cambios de titularidade das parcelas, a emisión de certificados de empadroamento, a localización de parcelas rústicas ou urbanas e a información ás distintas áreas e departamentos, entre outras.

A finais de marzo, está prevista a convocatoria doutro proceso selectivo para contratar catro peóns de limpeza e mantemento e seis peóns de obras públicas durante seis meses e oito meses e medio, respectivamente. Estes traballadores encargaranse de realizar obras menores en edificios, pintado e recuperación de superficies, labores de mantemento, limpeza de camiños e lugares do municipio, así como conservación de parques e xardíns, entre outras funcións.

O custo total das novas contratacións ascende a 280.577 euros, dos que a Deputación de Pontevedra achega 244.802 euros e o Concello, 35.774 euros. Esta axuda permite reforzar os servizos de interese xeral e social que se prestan a veciños e visitantes.

O programa provincial de activación de emprego busca "favorecer as condicións dos traballadores á hora de situarse para a busca de traballo".

0
0
0
s2sdefault