Concello de Sanxenxo - CONCELLO, XUNTA E MONBUS ASINAN O CONVENIO PARA POÑER EN MARCHA O BUS CIRCULAR EN XULLO E AGOSTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 26 de xuño de 2025.- O alcalde, Telmo Martín, desprazouse esta mañá á delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra para asinarlle co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o xestor de Monbus, Raúl López, o convenio de colaboración que posibilitará poñer en marcha dúas liñas de buses circulares en Sanxenxo durante os meses de xullo e agosto. O servizo, que funcionará entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, estará integrado no sistema de transporte metropolitano de Galicia, beneficiándose das súas tarifas reducidas.

Os menores de 21 anos poderán realizar ata 60 viaxes gratuítos ao mes coa Tarxeta Xente Nova, ao igual que as persoas maiores de 65 anos coa tarxeta TMG grazas á Tarifa +65. O resto de usuarios terá un desconto do 40% sobre o prezo normal, unha redución algo menor que o 50% anterior debido á diminución da achega estatal, que pasou do 30% ao 20%.

O convenio supón unha continuidade da colaboración iniciada o ano pasado, cunha investimento municipal de 65.000 euros. Segundo explicou Diego Calvo, para este verán adecuáronse os servizos ás demandas e necesidades analizadas tras a experiencia “con éxito” de 2024. O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, destacou que o servizo “vai percorrer a maior parte das parroquias de Sanxenxo en dobre sentido” e beneficiará tanto aos visitantes como aos traballadores da tempada estival. Fixo un chamamento especial para que os potenciais usuarios soliciten a tarxeta de transporte que lles permitirá acceder aos descontos “co que lle pode saír case gratis ao Concello”.

O Concello aporta 64.975 euros para que se poida realizar o servizo e a previsión é superar os 30.000 viaxeiros nos dous meses.

0
0
0
s2sdefault