Concello de Sanxenxo - A PRAIA DE SILGAR CONTARÁ CUNHA NOVA PASARELA DE ACCESO AO AREAL A PRÓXIMA SEMANA SANTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Consellería do Mar concede a través do GALP unha axuda de máis de 47.000 euros para a actuación

Sanxenxo, 14 de agosto de 2025.-

A praia de Silgar sumará a partir de Semana Santa un novo acceso peonil. O areal conta con 8 conxuntos de escaleiras dobres de 0,80 m. de ancho e dúas ramplas para os usuarios con mobilidade reducida e carros.

A actuación contempla a instalación dunha rampla de madeira, similar ás que xa están instaladas, que cumpra cos criterios de accesibilidade. Os traballos a realizar inclúen o desmontaxe do tramo de balaustrada de granito existente para permitir o acceso á pasarela, así como a montaxe de pasarela formada por piares, vigas, pontóns e entablado de plástico reciclado, así como varandas de aceiro inoxidable.

A actuación impulsada pola Concellería de Turismo e Praias, dirixida por Juan Deza, conta cunha axuda de máis de 47.000 euros da Consellería do Mar a través do GALP.

A superficie na que se actuará mide 98 metros cadrados.

0
0
0
s2sdefault