Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONCLÚE O PAVIMENTADO DE A COSTIÑA E DE ROUXIQUE EN VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 15 de agosto de 2025.- O Concello de Sanxenxo concluíu o pavimentado dos viais de A Costiña e Rouxique cun investimento con fondos municipais de case 30.000 euros. A empresa Nosa foi a encargada de realizar os traballos que concluíron hai uns días. O alcalde, Telmo Martín, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos, Yago Torres, e a concelleira de Planificación Territorial e Vivenda, María Deza, supervisaron os traballos.

En Rouxique actuouse nun vial de 285 metros de longo e catro metros de ancho que se atopa en moi mal estado de conservación. Os traballos contemplan a limpeza do camiño de ambos marxes. En A Costiña, actuouse no pavimento do vial de 170 metros e de catro metros de ancho. Trátase de dúas actuacións moi demandadas polos veciños que poderán ser xa unha realidade este mesmo verán.

0
0
0
s2sdefault