Concello de Sanxenxo - PONTE A CONDUCIR ORGANIZA EN SANXENXO UNHA XORNADA DE SEGURIDADE VIARIA BAIXO O LEMA “COMPARTE COCHE, PROTEXE O PLANETA”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade terá lugar o sábado, 20 de setembro, de 10 a 13 horas

Sanxenxo, 9 de setembro de 2025.- Sanxenxo volverá ser epicentro das boas prácticas en seguridade viaria. A Asociación Ponte a Conducir traerá o próximo 20 de setembro á Praza do Mar a aula práctica “Comparte coche, protexe o planeta”.

As actividades, que se desenvolverán de 10 a 13 horas, están pensadas para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e inclúen un circuíto de karts, peóns e ciclistas; un concurso de debuxo; un obradoiro de primeiros auxilios da Cruz Vermella; unha exposición de vehículos da Policía Local, Garda Civil e Brilat; obradoiro de bicis, mantemento e circuíto, así como charlas para as familias e unha aula de formación.

Cada neno ou nena traerá o seu propio medio de transporte e casco para utilizar no circuíto: bici, moto, patinete ou triciclo. Tamén poderán participar como peóns. Os menores deberán estar acompañados dunha persoa adulta responsable durante as actividades. As inscricións poderán realizarse no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata as 14 horas do 19 de setembro.

O lema do concurso de debuxo será o da edición “Comparte coche, protexe o planeta”. O obxectivo é que os nenos acheguen as súas ideas sobre seguridade viaria cunha imaxe e participen en distintos grupos de cores segundo a idade. Valorarase a orixinalidade, a calidade, a mensaxe ou lema, o esforzo e o criterio libre. Ademais, do premio do xurado haberá un premio popular a través do Facebook de Ponte a Conducir no que gañará o debuxo con máis "gústame".

Descargas:
Descarga este archivo (BASES-CONCURSO-FICHA-PONTE-A-CONDUCIR-2025.pdf)BASES  
Descarga este archivo (BASES-CONCURSO-PONTE-A-CONDUCIR-2025.pdf)BASES  
Descarga este archivo (FICHA-INCRICION-PONTE-A-CONDUCIR-2025.pdf)FICHA DE INSCRICIÓN  
0
0
0
s2sdefault