Sanxenxo, 18 de setembro de 2025.- O Concello de Sanxenxo abre mañá o prazo de inscrición para anotarse nas escolas municipais que ofrece unha modalidade para adultos con dúas actividades, Música e Arte, e outra para nenos e mozos que inclúe Arte, Taller Lego Stem, Técnicas de Estudo e Música. As inscricións deberán realizarse no rexistro de O.A. Terra de Sanxenxo na sede electrónica ou de forma presencial no rexistro municipal.
Adultos/Nenos
• Música: Ofrece as materias de oboe, frauta, fagot, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba, bombardino, violoncello, contrabaixo, guitarra, piano e percusión. As clases de instrumento serán de 45 minutos e as de Linguaxe Musical serán grupais de 90 minutos. Impártese no Auditorio.
• Arte: Desde o Centro de Arte municipal impártese formación para o desenvolvemento das inquedanzas creativas traballando técnicas como o debuxo, pintura adaptándose ao nivel de coñecemento do alumno. Ofrécense dúas clases semanais de 2 horas para adultos e hora e media para nenos. Impártese no Auditorio.
Nenos e mozos
• Taller Lego Stem: Fai referencia a un novo modelo educativo que ensina de maneira simultánea e integrada conceptos de ciencia, tecnoloxía e matemáticas desde o enfoque da enxeñaría. Vai dirixido ao alumnado de Educación Primaria e impartirase no Usos Múltiples de Portonovo. Unha sesión semanal dunha hora e cuarto.
• Técnicas de estudo: Traballan a motivación, a autoestima, a organización e a planificación, a lectura comprensiva, a expresión escrita e oral, así como o traballo individual e grupal. Orientado para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. A actividade impartirase do 2 de febreiro ao 28 de maio. Levarase a cabo nos centros educativos pola tarde e o tempo por clase é dunha hora.
Para máis información, consultar a seguinte ligazón: https://bit.ly/EscolasMunicipais2025_26