Sanxenxo e O Grove buscan dar visibilidade internacional á proba que se celebrará o próximo 17 de maio
Sanxenxo, 29 de outubro de 2025.- Tras lograr en apenas dous anos de celebración máis de 2.500 participantes, a media maratón Entre Rías O Grove–Sanxenxo promocionarase este fin de semana na Maratón de Oporto, un referente internacional para os runners con máis de 22.000 participantes de todo o mundo. O Palacio de Congresos da Alfândega acollerá unha exposición os días previos á proba con máis de 40 expositores con marcas deportivas de referencia e onde os inscritos deberán acudir a recoller os seus dorsais.
No marco desta exposición, a media Maratón Entre Rías contará cun stand propio, atendido por unha persoa que fala inglés e portugués, e un photocall no que se poderán realizar fotografías, etiquetar a proba en redes e conseguir un zapatilleiro co obxectivo de atraer a máis xente ao stand. Está prevista a visita dunha delegación institucional de ambos concellos e o encontro con institucións portuguesas.
A proba, organizada polos concellos de O Grove e Sanxenxo, baixo a dirección técnica de Nokao, ofrecerá tres modalidades:
• Media maratón (21 km)
• 10 km, para os corredores máis rápidos e populares
• Relevos por parellas, unha opción ideal para quen desexe compartir a experiencia
O sábado, 16 de maio, celebraranse as carreiras infantís gratuítas, dirixidas a nenos e nenas de 0 a 13 anos, fomentando a participación familiar e o amor polo deporte desde idades temperás.
O percorrido, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, transcorre por algúns dos paisaxes máis espectaculares de Galicia, unindo os municipios de O Grove e Sanxenxo a través de enclaves tan emblemáticos como a Illa da Toxa ou a Praia da Lanzada.
O evento volverá repartir máis de 2.500 € en premios económicos e promete ser, unha vez máis, unha auténtica festa do running galego. As inscricións xa están dispoñibles na web oficial www.entreriasmediamaraton.com con prezo especial ata o 15 de decembro.